Buscan unha moza de 15 anos desaparecida desde o sábado en Pontevedra

Laura Gisella Fragueiro Soto. (Foto: SOS Desaparecidos)

Laura Gisella Fragueiro Soto foi vista por última vez na cidade do Lérez

A Asociación SOS Desaparecidos pediu colaboración cidadá para tratar de dar co paradoiro dunha moza de 15 anos desaparecida desde o pasado sábado, día 10, en Pontevedra.

Segundo recolle a alerta, trátase de Laura Gisella Fragueiro Soto, unha moza de 1,60 metros de altura, complexión delgada, pelo louro e ollos marróns. Ten, ademais, unha tatuaxe dunha letra no brazo dereito.

A asociación pediu a calquera que poida dar información sobre o paradoiro da moza que chamen aos teléfonos de emerxencias ou aos da entidade.

Tamén en Vigo

A mesma asociación solicitou colaboración para localizar a Daniel Forero Tocora, un menor de 15 anos que foi visto por última vez a pasada sexta feira.

Tal e como informou a plataforma, o mozo mide 1,83 metros, é de complexión delgada e ten o pelo negro e os ollos castaños.

Fontes consultadas pola axencia Europa Press confirmaron que a familia presentou denuncia. Segundo as primeiras investigacións, trataríase dunha fuga voluntaria.