Que concellos entran e cales saen da alerta máxima pola pandemia na Galiza?

Os municipios galegos en nivel 3 son 4 mentres hai 20 en nivel 2.

Os concellos galegos en alerta vermella pola incidencia da Covid baixaron hoxe a 49 tras varios días en constante subida. En concreto, saíron desta situación por mellorar os seus datos A Fonsagrada, A Estrada, Gondomar e Soutomaior, mentres que Burela e Malpica de Bergantiños sumáronse á listaxe.

De acordo co mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade están en alerta vermella Vigo, Baiona, Cambados, Cangas, A Cañiza, O Grove, Marín, Moaña, Nigrán, O Porriño, Poio, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Vilagarcía de Arousa e A Guarda.

Tamén A Coruña, Santiago, Ferrol, Ames, Arteixo, Boqueixón, Cambre, Carballo, Culleredo, Fene, Narón, Oleiros, Ordes, Pontedeume, Teo, Vimianzo e Malpica.

Ourense, O Carballiño, Barbadás, Verín, Ribadavia e Xinzo de Limia; Cervo, Monforte de Lemos, Viveiro, Burela e Lugo tamén está neste grupo.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 9--, Santiago -máis de 112-, Lugo -máis de 112-, Ourense -máis de 120-, A Coruña -máis de 276- e Vigo -máis de 332-.

Alerta laranxa

Mentres, en situación dúas -na cor laranxa do mapa- sitúanse 20 concellos, o mesmo número que na xornada de onte.