Un brote de orixe familiar afecta 10 persoas no Saviñao

Test da Covid-19 (Imaxe: David Cabezón)

Un brote de orixe familiar suma 10 positivos por coronavirus no concello do Saviñao, na comarca de Terra de Lemos, informaron este sábado fontes sanitarias.

O primeiro dos positivos coñeceuse esta sexta feira e, ao rastrexarse e facerse probas aos contactos estreitos, detectáronse hoxe outros nove casos en persoas con lazos familiares.

As mesmas fontes indicaron que todos os afectados están en corentena no seu domicilio, segundo marca o protocolo.