Briga organiza un debate sobre os efeitos do turismo en Compostela

Enmárcase na campaña Galega, Jovem e Rebelde, Organiza-te para vencer que desenvolve a organización xuvenil independentista.

O debate vaise realizar a vindeira quinta feita a partir das 20 horas no compostelán Centro Social A Gentalha do Pichel e con el a formación independentista querse debruzar sobre "como afecta a cidadanía a xentrificación dos espazos públicos, o impacto nas viciñanzas das ópticas e os planos urbanísticos, ben como a precarización do emprego e a perda de identidade nos bairros.

 

Intervirán Iago Lestegás, arquitecto, doutor en urbanismo e investigador na Universidade Galega; Concha de la Fuente, viciña do bairro de Fontiñas e ex presidenta da AA VV "A Xuntanza"  de San Pedro; Carlos Ferrás, director do grupo de investigación socio-territorial do IDEGA (Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvimento de Galiza) e Noelia Outón, estudante e residente em Compostela.