A borrasca ‘Bruno’ deixa case 200 incidencias ao seu paso por Galiza

Imaxe: Bombeiros

O 112 cifra en 193 as incidencias que o paso de ‘Bruno’ deixou en Galiza. Unha borrasca que obrigou decretar a alerta laranxa por fenómenos costeiros e vento entre as 16,00 horas desta terza feira até as 8,00 horas desta cuarta. A Coruña foi a provincia máis afectada con 101 incidentes rexistrados; seguida de Pontevedra, con 49; Lugo, con 27; e Ourense, con 16. A caída de árbores e pólas supuxeron 110 das 193 incidencias, e obxectos varios, outros 30, en estradas destacan como os incidentes que máis se repetiron en Galicia.

 

O paso do ‘Bruno’ caracterizouse polos fortes ventos. Penedo do Galo, en Viveiro, rexistrou un refacho de vento de 141 quilómetros por hora Varios puntos rexistraron ventos de máis de 100 quilómetros por hora, entre eles os 132 de Punta Candieira, en Cedeira; os 110 de Cabeza de Manzaneda; 123,1 de Ordes, entre outros.