BOE: máscaras obrigatorias para todos os maiores de 6 anos a partir de hoxe

(Iñaki Berasaluce / EP)

En todos aqueles espazos, abertos ou fechados, nos que non se poida manter a distancia interpersonal mínima de 2 metros.

O Boletín Oficial do Estado (BOE)  publicou onte a orde pola que se regula o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise senatiaria xerada polo coronavirus.

A máscara será obrigatoria a partir de hoxe, 21 de maio, e para todas as persoas maiores de 6 anos. Recoméndase, ademais, o seu uso para as nenas e nenos de entre 3 e 5 anos.

Tal e como se fixa no artigo 3 desta orde, a máscara é de uso obrigatorio na vía pública, espazos ao aire libre e espazos fechados de uso público ou que estean abertos ao público, sempre que non sexa posíbel manter a distancia mínima interpersoal de 2 metros.

Excepcións

No BOE indícase que fican á marxe desta obriga de levar máscara aquelas persoas que teñan dificultades respiratorias que poidan verse agravadas polo seu uso ou aquelas con problemas de saúde que poidan verse agravadas por levar máscara. Tamén se citan as causas de forza maior ou situación de necesidade como excepcións para non levala, mais non se detallan cales son estas.

A isto engádese que non se exixirá máscara no “desenvolvemento daquelas actividades nas que, pola propia natureza destas, resulta incompatíbel o uso da máscara”.

Nesta reportaxe publicada a principios de mes, Susana Rois falaba dos diferentes tipos de máscaras e como usalas.