BNG pide un plano galego para protexer as mulleres vítimas de agresión

Carme Adán, á esquerda, no escano acarón de Ana Pontón

Faino através da súa parlamentar Carme Adán, nas vésperas da reunión que a comisión de igualdade do Parlamento irá realizar esta mesma semana.

A deputada do BNG emprazou esta segunda feira á comisión de Igualdade -que se vai reunir no Parlamento galego esta cuarta feira a partir das 10.30 horas- a que remate "o antes posíbel" os seus traballos e elabore o seu ditame. Alén do máis, Adán propuxo que a partir destes traballos se avance no deseño dun Plano galego de medidas urxentes contra a violencia machista.

“Non se poden dilatar máis os traballos da Comisión de Igualdade”, afirmou a parlamentar. Esta comisión analiza como se está a aplicar a lexislación estatal e galega en materia de violencia de xénero. Para Adán, o máis urxente neste momento é dotar Galiza dun plano que mellore sensibelmente os servizos que atenden as mulleres vítimas de violencia de xénero.
 
Unha vez elaborado, o plano debería submeterse á validación por parte do Observatorio da Violencia, defend o BNG.