BNG da Coruña denuncia un ataque vandálico contra a súa sede

Sabotean o mural da fachada da sede na Rúa Damas, obra de Felipe-Senén López Gómez, e que quedou danado de forma "irreparábel". 

O BNG da Coruña denunciou esta segunda feira un ataque vandálico” contra a súa sede na Rúa Damas, na zona vella da Coruña. Descoñecidos pintaron de negro o mural da fachada de entrada á sede da fronte nacionalista, obra de Felipe Senén López Gómez. A fronte nacionalista afirma que o mural foi “danado de xeito definitivo e irreparábel”.

 

A obra, un mural sobre cartón-pluma representaba a unha Torre de Hércules símbolo “dunha Coruña como un faro para Galiza”, no cal unha grande estrela vermella se alzaba sobre o monumento patrimonio da humanidade.

 

“Este ataque, que se suma a outros varios que están acontecendo noutras partes de Galiza, pola súa execución transcende a un acto improvisado e que requiriu dunha planificación detallada e intencionada. Se o seu obxecto foi tentar amedrentarnos, nunca tan lonxe cumprirá a súa intención, reforzando o noso ideario e a nosa práctica diaria”, conclúen desde a formación nacionalista