Denuncian o impacto na calidade asistencial dos recortes de Traballo e Benestar no seu persoal

Sentada do comité de empresa
O comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar denuncia a vaga de recortes e medidas arbitrarias que este departamento autonómico fai co seu persoal, alén de alertar sobre o impacto das mesmas na calidade do servizo. O comité tamén critica o intento da Consellería de silenciar estas denuncias

 

O comité de empresa de Traballo e Benestar vén de denunciar a vaga de recortes e medidas adoptadas por esta Consellería cos seus emrpegados e que están a ter un efecto na calidade dos servizos prestados, afectando así directamente aos e ás usuarios. Unha denuncia que o comité tivo que realizar esta terza nunha comparecencia na rúa ao denegarlle a xefatura territorial o local solicitado para dar a rolda de imprensa.

O presidente do comité, López Viqueira, puxo como exemplo da continuidade por parte da Xunta das políticas contra o persoal de Traballo e Benestar "que xa non temos nin compensacións por traballar domingos ou festivos", algo que si posúen empregados públicos doutras consellerías e departamentos autonómicos, "como o Sergas ou Medio Rural". A isto hai que engadir que en centros dependentes de Traballo e Benestar como residencias de maiores, centros de menores, de atencións a persoas con dependencia,... hai persoal que "está a traballar nove días seguidos sen descanso,.."

Efectos

Viqueira insiste en que esta situación, "que é insoportábel", ten consecuencias directas nos usuarios, "pois, lóxicamente, esas medidas sobre o persoal redundan na calidade asistencial prestada".

Alén diso, a aposta da Consellería de Traballo e Benestar neste mandato pasou amortizar prazas, privatizar centros e servizos...A maiores, aplicou unha política de recortes "mais sen facer un protocolo de ónde e como. Querían que asumísemos nós a responsabilidade de decidir ónde".

Eso sí, apuntan desde o comité de empresa, os responsábeis da Consellería "fártanse de vender que crearon non sei cantas prazas, de que fan unha boa xestión...". Palabras para o público, sinalan. Na realidade imperan os recortes e o seu impacto directo en persoal e usuari@s.