SOCIAL

‘Black Lives Matter’, tamén na Galiza

02 June 2020, Australia, Sydney: A woman wears a face mask during a Black Lives Matter protest, following the violent death of the African-American George Floyd by a white policeman in Minneapolis. Photo: James Gourley/AAP/dpa ONLY FOR USE IN SPAIN 02 June 2020, Australia, Sydney: A woman wears a face mask during a Black Lives Matter protest, following the violent death of the African-American George Floyd by a white policeman in Minneapolis. Photo: James Gourley/AAP/dpa 2/6/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
A Praza do Obradoiro de Compostela acolle esta sexta feira, ás 20:00 horas, unha concentración silenciosa contra o racismo. O sábado está prevista unha protesta en Vigo. 

O asasinato de George Floyd continúa a ter resposta en todo o mundo, non só en estados Unidos. Unha resposta que tamén hai na Galiza. Esta sexta feira, 5 de xuño, ás 20 horas na compostelá Praza do Obradoiro haberá unha concentración silenciosa.

“O noso obxectivo é denunciar a brutalidade racista da policía e amosar publicamente que as vidas das persoas negras importan. Axeonllarémonos durante nove minutos en memoria de George Floyd e de tódalas persoas negras que foron asasinadas pola policía en España e no mundo”, indican as convocantes nun comunicado. 

Tamén apontan que a acción ten que respectar ras normas de seguridade Covid-19. Polo tanto, advirten, en todo momento será obrigatorio o uso dunha máscara. “Cada participante manterá unha distancia de polo menos dous metros coas outras persoas presentes. Poderanse usar carteis individuais. Pancartas (e calquera outro obxecto de uso compartido) estarán prohibidas”.

“O racismo non é un problema alleo, existe tamén na Galiza. SOS Racismo Galizao demostra no seu último informe anual: "O total de casos de discriminación ou vulneración de dereitos acontecidos na Galiza no ano 2019 e recollidos polas OID ascende a un total de 135, o que supón un grande incremento respecto aos casos rexistrados en 2018 (96) e en 2019 (70)".

O sábado está convocada unha protesta similar en Vigo, ás 20:00 horas e fronte ao Marco