O bispado afasta un sacerdote denunciado por acoso por unha menor en Mondoñedo

Mondoñedo

O bispo da diócese de Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de las Heras, confirmou a través dun comunicado que afastou das súas “funcións públicas” un sacerdote residente en Mondoñedo após recibir a denuncia dunha rapaza que afirma que foi acosada por ese crego cando era menor de idade e tiña 17 anos. Unha noticia que dá El Progreso.

 

A denuncia é do mes de agosto e tras as “necesarias deliberacións e de forma inmediata e con data de 3 de setembro” abreuse unha investigación. A partir de aí adoptáronse medidas cautelares contra este sacerdote.

 

“Para nós, a primeira preocupación son as vítimas de calquera abuso de poder, de conciencia e sexual e, por suposto, subscribimos a condena de toda conduta inapropiada”, indica Luis Ángel de las Heras.