Máis de 200 persoas recorren xa ao Plan de Axuda Alimentaria Solidario da CIG

A iniciativa procura atender a ‘’delicada situación económica’’ que por mor da crise ‘’atravesan afiliad@s da central’’. O Plan atende a máis de 200 persoas, principalmente nas zonas de Ferrolterra e de Vigo.

Por volta de 200 persoas benefícianse xa do Plan de Axuda Alimentaria Solidario activado hai unes meses pola CIG en diferentes cidades galegas, unha aposta por ofrecer en base ao compañeirismo e a solidariedade un servizo para aqueles máis golpeados pola crise e que están nunha delicada situación económica.

O maior número de persoas que recorren a este plan están en Ferrolterra e Vigo

O sindicato informa que antén a recollida de alimentos e de fondos para a súa adquisición e fai un chamamento á solidariedade de clase para manter viva esta iniciativa.

Achegas económicas

Voluntari@s da central nacionalista encárganse de recoller, seleccionar e almacenar as achegas que posteriormente lle son entregadas aos solicitantes que cumpren os requisitos establecidos nas bases do plan solidario.

Nun primeiro momento estanse a repartir unicamente produtos non perecedoiros, aínda que o obxectivo é distribuír máis adiante tamén alimentos como carne, peixe, ovos, froita, verdura, etc. Con este obxectivo estanse a recoller achegas económicas por distintas vías, tanto a través de petos colocados para tal efecto como mediante unha cota sindical extraordinaria de 20 euros anuais.