Baltar rexistra a temperatura mínima de Galiza, 6,8 grados baixo cero

Casa do Concello de Baltar(Galipedia)

A localidade de Baltar rexistrou esta terza feira a temperatura mínima da Galiza, con -6,8 graos centígrados, nunha xornada con aviso por refachos de vento superiores aos 70-80 quilómetros por hora.

Segundo os rexistros de Meteogalicia até as 9,15 horas deste martes, recollidos por Europa Press, os termómetros tamén quedaron baixo cero noutros municipios como Calvos de Randín, con -6,4ºC; Verín, con -4,3ºC; e Xinzo de Limia, con -4ºC; mentres que en Sarria tivo -3,7ºC.

En canto ás localidades de montaña con altitude maior de 900 metros, as temperaturas mínimas máis significativas corresponderon a Pedrafita do Cebreiro, con -5,4ºC; seguida de Manzaneda, con -5ºC. Mentres, no concello de Carballeda de Valdeorras baixaron aos -4,3ºC e no de Cervantes, aos -4,2ºC.

Na xornada do luns a temperatura mínima rexistrouse en Manzaneda, con -7,5ºC, segundo os datos publicados por Meteogalicia.

VENTO

En canto ao vento, que mantén á maior parte de Galiza con aviso amarelo por refachos superiores aos 70-80 quilómetros por hora, segundo a zona, até as 9,15 horas o refacho máximo correspondeu a Cedeira, con 97,3 quilómetros por hora, rexistrado de madrugada.