Unha balsa mineira de Touro funcionou durante anos como vertedoiro clandestino, segundo Adega

A cantidade de materiais vertidos na balsa de Vieiro supón 111.674 metros cúbicos.
 

Adega denuncia o que considera a “enésima irregularidade do proxecto mineiro de Touro”: A balsa mineira de Vieiro “usouse durante anos como vertedoiro en "B". O colectivo indica que ni informe “Caracterización Hidroquímica del Lago de Vieiro”, redactado polo grupo de enxeñaría de auga e de medio ambiente da UDC, así se constata.

 

O documento, sinala Adega, determina que os sedimentos depositados na balsa mineira de Vieiro son o resultado de verteduras de materiais (entre eles “áridos procedentes da planta de asfalto”) efectuadas pola empresa Explotaciones Gallegas S.L., propietaria do 80% da actual Cobre San Rafael S.L. “Esta empresa usou os terreos, e concretamente a corta mineira inundada de Vieiro, como vertedoiro”.

 

Para verificar se estas verteduras realizadas durante anos eran coñecidas e contaban cos preceptivos permisos por parte das administracións competentes. Adega solicita a Medio Ambiente que achegue información sobre as eventuais autorizacións concedidas entre 1986, data da finalización da actividade mineira e a actualidade, á empresa Explotaciones Gallegas S.L. ou a calquera outra, para depositar materiais no fondo da corta inundada de Vieiro.