Baixan os casos activos de Covid na Galiza após dúas xornadas en ascenso

(Foto: Okrasiuk)

A taxa de positividade baixa até 37%, aínda que aínda moi por encima do 5% recomendado pola OMS

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 na Galiza descenden a 465, que supoñen 43 menos que os rexistrados o día anterior, mentres que os casos activos descenden, após dúas subas consecutivas, até os 9.701  -182 menos-, após detectarse outros 768 novos contaxios. 

Segundo os datos actualizados este sábado pola Consellaría de Sanidade, con rexistros até as 18.00 horas da sexta feira, recollidos por Europa Press, soben a 21 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 -catro máis-, pero baixan a 444 as ingresadas en unidades convencionais -47 menos-.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en seis das sete, agás na de Pontevedra que se mantén, ao rexistrar catro persoas ingresadas por Covid en UCI -unha máis- e 61 noutras unidades -unha menos-. Na da Coruña e Cee soben a cinco os pacientes Covid en UCI -dúas máis- e baixan a 132 os ingresados noutras unidades -seis menos-, mentres que na de Santiago e Barbanza continúan tres en críticos e descenden a 82 os hospitalizados noutras unidades -seis menos-. A área sanitaria de Vigo continúa como a única da Galiza sen pacientes Covid en UCI, mentres qzue se reducen a 52 os ingresados noutras unidades -13 menos-.

As vítimas da pandemia da Covid-19 en Galicia rexistradas na web do Sergas increméntanse até 3.491 ao notificar Sanidade catro óbitos, todos con patoloxías previas.

No caso da de Ferrol mantéñense en tres os pacientes ingresados por Covid en UCI, pero descenden a 29 os doutras unidades -sete menos- e a de Ourense continúa con tres hospitalizados pola Covid-19 en UCI, pero descenden a 60 os ingresados noutras unidades -12 menos-.

Os casos activos de Covid-19 baixan após dúas xornadas consecutivas en aumento. Así, rexístranse 9.701 infeccións activas, que supoñen 182 menos que as notificadas na xornada anterior (9.883) ao haber máis altas (+942) que contaxios (+768), ao que se suman catro falecidos.

Con respecto aos novos contaxios de Covid-19 descende a 768, que supoñen 77 menos que os 845da sexta feira; após comezar esta semana con 495 novos casos abertos nas últimas 24 horas. Co novo protocolo xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral, salvo á vulnerábel.

En canto á taxa de positividade -número de PCR positivas por cada 100 realizadas- descende a 37,05%. As vítimas da pandemia da Covid-19 en Galicia rexistradas na web do Sergas increméntanse até 3.491 ao notificar Sanidade catro óbitos, todos con patoloxías previas.