Baixan 19,4% as denuncias por violencia machista no primeiro trimestre

Os xulgados galegos recibiron no primeiro trimestre 1.397 denuncias por violencia machista (Europa Press)

As restricións derivadas do estado de alarma influíron, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, na redución de denuncias interpostas pornpor mullerespmulleres trimestre deste ano por violencia de xénero.

Os xulgados galegos recibiron no primeiro trimestre un total de 1.397 denuncias por violencia de xénero, 19,4% menos que no mesmo período de 2019. Tamén descendeu o número de mulleres que aparecen como vítimas, ao pasar de 1.520 o ano pasado ás 1.370 este, unha diminución do 9,9%.

En ambos os dous casos, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza entende que influíu o confinamento derivado do coronavirus, "malia que a actividade dos xulgados de violencia sobre a muller foi declarada esencial e non quedou afectada pola suspensión dos prazos procesuais nin paralizada".