Baia Fernández lerá o manifesto da manifestación antitouradas de Pontevedra

Comunicadora, poeta, actriz, autora de teatro, terapeuta da risa, youtubeira... non comprende como se pode gozar co sufrimento alleo.

Baia Fernández (Cuntis, 1980) vai ser a persoa que lerá este ano o manifesto da manifestación antitouradas. Unha mobilización que terá lugar este sábado, 10 de agosto, en Pontevedra e con punto de partida na Praza da peregrina (20:00 horas) baixo o lema 'Agora abolición'.

Touradas Fóra de Pontevedra indica que esta comunicadora declara non comprender como pode haber persoas que desfruten co sufrimento alleo mais está convencida de que a sociedade está avanzando e máis pronto que tarde as touradas serán parte da historia.

A lectura do manifesto será en torno as 21:15 na Praza da Peregrina, ao remate da mobilización que percorrerá o centro de Pontevedra.