Axentes forestais que participaron na vaga de lumes levan cinco meses sen cobrar

FB Fernando Suárez

Os sindicatos que representan os axentes forestais e medioambientais denuncian que mentres que “os profesionais que exerceron de directores de extinción no operativo da última vaga de lumes [mediados de outubro, que arrasou 49.000 hectáreas] seguen sen percibir un só céntimo case cinco meses despois”, manifesta a CIG nun comunicado.

 

As organizacións exixen á Xunta que retome as negociacións iniciadas en 2017 sobre as condicións de traballo  persoal funcionario” e que levan paralizadas dende o mes de decembro por decisión da dirección xeral de Función Pública pese que se comprometera a tela rematada o 1 de decembro dese ano”.

 

Consideran que é hora de que “lles paguen o que se lles adebeda” pois levan máis de 10 anos cun acordo de condicións de traballo “caducado e obsoleto, dado que o efecto do cambio climático está a provocar unha desestacionalización dos lumes, producíndose en calquera época do ano e sendo moito máis virulentos e perigosos, tal e como se puido comprobar no mes de outubro do ano pasado, cando tras ter rematado o período extraordinario tiveron que activar unha época de alto risco de xeito improvisado”.