Axentes denuncian que a Xunta carece de medios aéreos para combater os incendios

helicóptero anti incendio

Catros sindicatos afirman que as bases de helicópteros propias da Xunta están inoperativas e as brigadas heli-transportadas das mesmas “teñen que desprazarse a incendios en vehículos”.

 

CIG, CCOO, UXT e CISF denuncian nun comunicado que a Consellería de Medio rural conta na actualidade cun único helicóptero poara facer fronte aos incendios en Galiza, dotación máis que insuficiente, sinalan, e que hai que engadir á “patente improvisación coa que segue actuando en materia de incendios forestais e á mala xestión coa que actúa o Goberno autonómico na organización dos medios propios, cos que conta para apagar os lumes forestais”.

As bases de helicópteros propias da Xunta de Galiza permanecen inoperativas por non ter helicóptero,denuncian, mentres as brigadas helitransportadas destas bases “teñen que desprazarse a incendios fóra da sua provincia en vehículos, como foi o caso da brigada de Campiño no lume forestal de Lousame donde arderon 28,1 has”.

Os axentes denuncian así mesmo que a política de contratación que utiliza o Goberno autonómico para contratar os medios aéreos de loita contra incendios “non é a axeitada, posto que tivo operativas bases aéreas durante meses de choiva e agora no mes de xuño, cando son realmente necesarias, éstas permanecen pechadas”.