Unha avoa e a súa neta precipítanse nun coche desde un muro ao patio dun colexio en Pantón

O colexio Monte Baliño en Ferreira de Pantón (Foto: Nós Diario).
O accidente tivo lugar no colexio público Monte Baliño, situado na rúa Bispo Páramo Somoza, como trasladou o CIAE 112 Galiza.

Unha muller precipitouse co seu vehículo, no cal viaxaba tamén unha menor, por un muro duns dous metros e acabou caendo no patio dun colexio de Ferreira de Pantón (comarca de Lemos).

O accidente tivo lugar no colexio público Monte Baliño, situado na rúa Bispo Páramo Somoza, como trasladou o CIAE 112 Galiza.

Feridas leves

No vehículo, que caeu por unha altura de dous metros e aterrou no patio do colexio, viaxaban unha muller e unha menor que resultaron feridas de carácter leve.

Até o lugar, onde non se produciron máis feridos, mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil e bombeiros de Monforte.