Aviso do persoal de Atención Primaria ao Sergas: “Se non hai avances, retomaríase a folga”

“A experiencia mostra que o Sergas pode ter a tentación de non poñer en marcha as medidas [acordadas de negociar], polo que é necesario manter a unidade e a mobilización”, advirten desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera que a desconvocatoria de folga en Atención Primaria tras a aceptación polo Sergas dos cinco puntos expostos pola Coordinadora e os sindicatos, é consecuencia “da gran mobilización dos traballadores de Atención Primaria e do apoio social promovido pola Plataforma SOS Sanidade Pública”.

 

Salienta que agora o Sergas aceptase na axencia da negociación incluír aspectos como incremento orzamentario, a creación de prazas de persoal, acabar cos contratos precarios, a solución definitiva dos problemas dos PAC e o sometemento da AP ás xerencias hospitalarias mediante as EOXIS.

 

“A convocatoria de folga pola Coordinadora de AP (apoiada pola maioría das organizacións sindicais e das organizacións sociais da Plataforma SOS Sanidade Pública) conseguiu mudar a actitude da administración dado que, a menos en aparencia, aceptou negociar os cinco puntos reivindicados”.

 

Iso si, mantén a Asociación, “a experiencia mostra que o Sergas pode ter a tentación de non poñer en marcha estas medidas”, polo que entende que “é necesario manter a unidade e a mobilización en apoio a negociacion na Mesa Sectorial”.

 

Nesta liña, advirte que “se non houbera avances, seria necesario, ademais de manter as concentracións, convocar a segunda xornada de folga na AP, si os pasos non son na dirección correcta”.