As autopsias non revelan se o de Porto do Son foi un asasinato machista

A investigación apunta cara a un posíbel feminicidio mais os dados non son concluíntes.

Na segunda feira os servizos forenses trasladaron ao xulgado nº1 de Noia o primeiro informe após realizar a autopsia de Rosa R. R. e Pedro P. P. cuxos cadáveres foron atopados na súa vivenda de Porto do Son o 19 de febreiro. 

Continúan as pescudas para determinar se se trata dun caso de violencia machista

As investigacións céntranse en máis un asasinato machista após atoparen o corpo de Rosa R. R. no exterior do domicilio e a porta fechada no que apuntaría a que, supostamente, podería tería sido empurrada pola fiestra. Entretanto, o corpo de Pedro P. P. atopábase no baño no que semella un suicidio por inxestión de medicamentos. 

Porén, os informes forenses non achegan, segundo notificou o TSXG, dados concluíntes o que mantén aberta a investigación. Até o momento, sinalan, "non se pode confirmar nen descartar que se trate dun caso de violencia sobre a muller".