A autopsia revela que Diana Quer foi estrangulada

Flores e velas perante a nave onde se atopou o corpo de Diana Quer.

Diana Quer morreu estrangulada según vén de confirmar o informe da autopsia e desbota, á espera de recabar probas complementarias, que fose agredida sexualmente. O Instituto de Medicina Legal (Imelga) de Santiago e a Unidade Antropolóxica de Verín foron os responsábeis deste estudio. Ambos os dous son contundentes á hora de establecer a causa da norte da moza desaparecida na Pobra e atopada nunha nave abandonada en Asados (Rianxo).

 

Polo de agora, descoñécese se o estrangulamento foi coas manso u cunha brida como a que amarraba as mans da moza cando se resgatou o seu corpo o pasado 31 de decembro.  A cuarta declaración do presunto asasino de Diana Quer, Enrique Abuín ‘O Chicle’, aseguraba que non atropellara a rapaza (o que asegurara nunha declaración anterior) e que, aliás, discutira con ela.

 

Quer será enterrada esta quinta feira en Madrid após ser trasladados desde Galiza.