Lixeiro aumento dos casos activos de coronavirus na Galiza tras días de descenso

Test.

Hai 1 caso máis ca onte, 349.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 349. Isto supón 1 máis ca onte e é o primeiro aumento, aínda que leve, de infectadas por este virus despois de días de descensos.

Deses 349 contaxiadas,  109 son da área da Coruña, 19 da de Lugo, 26 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 142 da área de Vigo, 33 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 341 no domicilio.Non hai pacientes positivos en UCI.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.491 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 159.799.

Nas residencias de anciás hai 11 contaxiadas, 5 delas persoas usuarias e a 6  traballadoras neses centros.

No que respecta a número de falecementos, mantense en 274, das que 132 foron nas propias residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.