Aumentan os pacientes ingresados por Covid e soben lixeiramente os contaxios

Laboratorio. Foto: Nós Diario.
Os pacientes ingresados nos hospitais galegos aumentaron até os 212 nunha xornada na que se incrementan lixeiramente os casos detectados.

Os pacientes ingresados nos hospitais galegos por covid-19 aumentaron este venres ata os 212 --9 máis--, dos que 30 permanecen en UCI --dous máis-- e 182 noutras unidades. O incremento de hospitalizados prodúcese nunha xornada na que ascenden lixeiramente os novos casos detectados, ata os 154, segundo os datos actualizados esta mañá pola Consellaría de Sanidade.

De acordo con estes datos, os casos activos en Galicia sitúanse en 2.306, 34 menos que un día antes. Ademais, aumentan os pacientes curados ata os 112.687, o que supón 186 persoas curadas máis que a cuarta.

 

Áreas sanitarias

Canto ás áreas sanitarias, cos datos publicados pola Consellaría de Sanidade -coas cifras actualizadas ás 18:00 horas do día 1, A Coruña e Vigo mantéñense como as que rexistran máis casos activos, 752 e 621, respectivamente; seguidas de Santiago, 274; Pontevedra, con 238; Lugo, 162; Ourense, con 151; e, por último, Ferrol, con 108.

Na da Coruña e Cee permanecen os mesmos pacientes ingresados en UCI que un día antes --14-- mentres que aumentan a 64 os que se atopan en planta --7 máis--. A seguinte área con máis persoas hospitalizadas é a de Vigo, na que un total de 6 persoas --unha máis-- están en UCI e 48 noutras unidades -cinco máis.
Aumentan los pacientes ingresados en una jornada en la que suben ligeramente los nuevos contagios, con 154

Na de Santiago e Barbanza continúan tres persoas na UCI e baixan a 16 -unha menos- as que permanecen en planta. Por outra banda, na de Lugo hai dúas en UCI -sen cambios- e 11 noutras unidades -unha máis. Ademais, na de Ourense mantense un paciente covid en UCI e hai 18 persoas noutras unidades -unha máis.

Na área de Pontevedra e O Salnés, hai un enfermo con covid en UCI -sen cambios- e baixan a 19 os doutras unidades -dous menos-; mentres, na área de Ferrol son seis persoas en unidades de hospitalización convencional e hai tres en UCI -unha máis.
Aumentan los pacientes ingresados en una jornada en la que suben ligeramente los nuevos contagios, con 154
 

Menos casos activos

Segundo os datos publicados este venres, os casos activos aumentan na área de Pontevedra, onde hai nove máis, ata os 238. Tamén se incrementan na de Ourense, ata os 151 -seis máis-; así como en Santiago, onde hai 274 persoas coa enfermidade activa -catro máis.

 Polar súa parte, na área sanitaria da Coruña baixan ata os 752 os casos activos -39 menos--; na de Ferrol hai 108 persoas con covid, 12 menos; na de Lugo 162, sete menos; e na de Vigo 621, o que supón seis persoas menos.

Dos novos contaxios, 139 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos que 43 se corresponden coa área de Vigo; 37 coa da Coruña; 18 coa de Santiago; 14 coa de Lugo; 13 coa de Ourense; 11 coa de Pontevedra e tres coa de Ferrol.

Os últimos datos revelan que os contaxiados de covid-19 ascenden a 117.316, dos que 28.489 corresponden á área da Coruña e Cee; 22.297 á de Vigo; 18.523 á de Santiago; 14.874 á de Ourense; 12.801 á de Pontevedra; 12.070 á de Lugo; e 8.262 á de Ferrol.

 

Baixa a taxa de positividade

Até a data da última actualización de datos, leváronse a cabo 1.863.866 PCR, que supoñen 5.449 máis que na xornada anterior.

No relativo á taxa de positividade, mantense nun 1,9%, de forma que continúa por debaixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

 

Vítimas e curados

Desde o inicio da pandemia faleceron por Covid na Galiza 2.344 persoas diagnosticadas con coronavirus, tras notificar na cuarta Sanidade dúas novas vítimas.