Aumentan as ofertas de traballo que inclúen entre os criterios manter relacións sexuais coa dirección

Un novo anuncio, desta volta en Carnota, pide auxiliar administrativa para "relación de intimidade co xerente".

Após o caso denunciado en Sanxenxo máis un portal de búsqueda de emprego, nesta ocasión Trovit, ofreceu un posto en Carnota dirixido a auxiliares de administrativas. Entre as condicións estabelecía manter "relación de intimidade co xerente" e que se tratase de mulleres "con clase, desexos de o facer pasar ben, aventureira e morbosa". 

A oferta estabelecía entre os criterios que se tratase dunha muller "con clase, desexos de o facer pasar ben, aventureira e morbosa"

A oferta, feita pública polo xornal La Voz de Galicia, foi recibida por uha veciña de Carnota que non daba creto ao contido. Porén, non se trata da primeira ocasión. Tamén no contorna da Coruña foi denunciada outra oferta de traballo recentemente recibida por unha moza que optaba a un emprego como camareira. 

Ao respostar o propietario informoulle de que o posto exixía manter relacións sexuaisco responsábel en función do cal se estabelecerían os "incentivos" dun salario que podía oscilar entre os 1.200, 2.700 e mesmo 3.200 euros en función da "implicación persoal". Ao igual que no caso de Sanxenxo esta oferta foi remitida através do portal milanuncios.com