Aumentan as infeccións activas e increméntase a presión hospitalaria

Imaxe dun cribado con test de saliva en xaneiro. Foto: M. Dylan / Europa Press
Os casos activos de Covid rexistran un lixeiro aumento, con 95 infeccións máis, co que se retoma a tendencia ascendente de xornadas previas

Os hospitalizados pola Covid-19 na Galiza soben a 316, 15 máis que na xornada anterior, e retoman así a tendencia ascendente de días anteriores. Tamén os novos contaxios sofren un repunte: acadan os 1.300 e volven moverse ao redor das cifras dos últimos días, despois de que este sábado se estancasen nos 1.171. Os casos activos, pola súa banda, aumentan lixeiramente -95 máis-, 18.964, mentres que a taxa de positividade segue en ascenso e alcanza xa o 13,03%. 

Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros de até as 18.00 horas do sábado, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI ascenden a 44 -catro máis a respecto do día anterior-, e soben tamén en 11 pacientes os hospitalizados noutras unidades -272. Ademais, hai 18.648 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Pontevedra-O Salnés, que mantén a seis ingresados en UCI -sen cambios-, pero hai catro persoas menos en planta -35.

No resto de áreas, a carga asistencial aumenta. Así, na de Ourense, hai cinco ingresados máis en unidades convencionais -39- e unha máis en críticos -cinco-; na da Coruña-Cee, mantéñense en 16 os pacientes na UCI, pero aumentan os ingresados en planta en tres pacientes -67-; e na de Vigo, os hospitalizados en unidades convencionais soben un -46 en total-, igual que ocorre na UCI, cun paciente máis -3.

Tamén ascenden os ingresados na área de Santiago, cun paciente máis en planta -29-, e un máis en críticos -4-; na de Lugo-Monforte, con tres ingresados máis en unidades convencionais -40-, e un máis en UCI; e na Ferrol, que mantén o seis hospitalizados en críticos, pero aumentan os pacientes en planta, 16 -dúas máis. 

 

Casos activos á baixa

Os casos activos de Covid rexistran un lixeiro aumento, con 95 infeccións máis, co que se retoma a tendencia ascendente de xornadas previas, e sitúanse en 18.964, ao haber máis contaxios (1.300) que altas (1.204), ao que se suma un falecemento.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden de novo na de Ourense (-112), que rexistra varios días consecutivos á baixa; á que se suma a de Santiago e Barbanza (-31) e Pontevedra e O Salnés (-68), e na de Ferrol (-6); mentres que no resto ascenden: A Coruña e Cee (+119); Vigo (+145), Lugo (+48).

Por tanto, con máis casos activos continúa a área de Vigo, con 4.684; seguida da da Coruña e Cee, con 3.946; Pontevedra e O Salnés, con 2.947; Santiago e Barbanza, con 2.293; Lugo, 2.266; Ourense, 1.871; e a de Ferrol segue ao final con menos dun milleiro, con 957.

 

Máis de mil contaxios

Galiza chega ao final do mes de xullo por encima do milleiro de novos contaxios diarios desde hai xa once xornadas consecutivas, e aumentan lixeiramente respecto da xornada anterior -concretamente 129 contaxios máis-, e sitúanse nos 1.300.

Foron confirmados 1.157 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 27 máis que o día anterior, dos cales 359 corresponden á área de Vigo; 259, á da Coruña e Cee; 95, á de Pontevedra e O Salnés; 170, á de Lugo; 152, á de Santiago e Barbanza; 78, á de Ourense; e 44, á de Ferrol.

Así, os contaxiados de Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 158.205, deles 36.571 na área da Coruña e Cee; 32.432 na de Vigo; 23.766 na de Santiago e Barbanza; 19.729 na de Ourense; 19.244 na de Pontevedra e O Salnés; 16.374 na de Lugo; e 10.089 na de Ferrol.

Galiza levou a cabo desde o inicio desta pandemia 2.569.629 PCR, que implican 8.541 máis que as rexistradas até a xornada anterior.

En canto á taxa de positividade das PCR, repuntou a un 13,03%, após estar o pasado sábado e a sexta feira por baixo deste limiar -12,11% e 11%-, e volve así á tendencia de días nos que roldou o 13,4% e iniciar esta semana cun repunte a un 15 por cento. Así, a Galiza segue por riba dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, até hai tres semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

 

Vítimas e curados

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 na Galiza desde o inicio desta pandemia ascenden a 2.461, despois de notificar este sábado Sanidade un novo falecemento.

Segundo a información remitida aos medios por Sanidade, trátase dunha muller de 92 anos que estaba ingresada no Hospital do Salnés (Pontevedra) e que presentaba patoloxías previas.

Pola súa banda, 136.806 pacientes curáronse do coronavirus no conxunto da Galiza desde o inicio da crise sanitaria, o que constitúe 1.204 persoas máis que as rexistradas até o día anterior.