Aumentan os casos activos de coronavirus na Galiza

(Europa Press)

Tamén os que precisan hospitalización.

Galiza volve rexistrar un leve aumento de casos activos de coronavirus, con 2 máis que os rexistrados na cuarta feira.

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta quinta, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 333.

Deles 102 son da área da Coruña, 27 da de Lugo, 22 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 135 da área de Vigo, 28 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 están en unidades de hospitalización (1 máis ca onte) e 328 no domicilio.

Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.563 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 170.204.

Residencias de anciás

Nas residencias de anciás hai 5 contaxiadas, das que 4 son usuarias e 1 traballadora.

O número de falecementos mantense en 274.