Aumentan as listas de espera en Vigo mentres o novo Hospital ten problemas de financiamento

Novo Hospital de Vigo
O BNG denuncia o traslado de pacientes a hospitais de Pontevedra mentras o debate no PP é "o nome que vai levar o novo Hospital de Vigo", unha instalación que non estará antes de 2014.

A concelleira nacionalista de Vigo Iolanda Veloso, e a deputada e o deputado do BNG no Parlamento galego, Carme Adán e Henrique Viéitez, exixiron do presidente Núñez Feijóo "que cumpra os seus compromisos de mellorar a área sanitaria de Vigo". Nunha comparecencia diante dos medios de comunicación denunciaron que o goberno do PP non está a materializar as súas promesas e desvía a atención con debates que non teñen importancia, como o que sinalou Iolanda Veloso do nome que vai levar o novo hospital vigués.

Sobre esta instalación e as súa construción falou Henrique Viéitez. O deputado nacionalista non cre que no 2014 teñamos novo hospital, entre outras razóns apuntou ás dificultades da UTE para atopar financiamento para a obra e a modificación orzamentaria, que ascende a 7,99 millóns de euros. Rexeitou, tamén, a afirmación da Xunta de que crea emprego en Vigo. Segundo datos presentados por Viéitez "a cifra máis elevada de traballadores houbo na construción do hospital foi de 550 persoas, mentres que na actualidade é de 250". O deputado nacionalista denunciou tamén que o obxectivo da UTE é que o número final de traballador@s aínda sexa menor e quede en 130-150.

A solución para o BNG sería a apertura de prantas e quirófanos asi como unha maior dotación de persoal.

Media de 75,6 a 192,7 días na lista de espera
O BNG presentou os datos do propio Sergas como proba de que as listas de espera están a aumentar o tempo de atención na zona de Vigo. Segundo a deputada Carme Adán, no Chuvi a lista de espera, sen contar cos datos de Povisa, é de 75,6 días, cando a media galega é de 59,5 días. Se contamos cos datos de Povisa a situación é aínda peor pois chegaría aos 192,7 días. Estas serían as peores cifras da Galiza polo que @s nacionalistas aseguran que se está a discriminar esta zona diante doutras do territorio galego. A solución para o BNG sería a apertura de prantas e quirófanos asi como unha maior dotación de persoal.