Aumentan a 14 os casos relacionados cun foco familiar en Viana do Bolo

Viana do Bolo
Están nos seus domicilios en situación de illamento.

Os casos activos de coronavirus detectados en relación cun foco familiar no municipio de Viana do Bolo aumentan a 14 tras o positivo dun mozo de 16 anos de idade.

Segundo informou a área Sanitaria de Ourense, o seguimento dos contactos do foco familiar importado de Covid detectado nunha mesma unidade familiar o pasado domingo 16 de agosto no municipio de Viana do Bolo sumou un novo caso positivo nun mozo de 16 anos despois de "completar o estudo, identificación e control de contactos dos afectados e a realización de probas PCR correspondentes".

Por tanto, as mesmas fontes indicaron que este foco afecta 14 pacientes na actualidade, que se atopan nos seus domicilios en situación de illamento, con seguimento telefónico e a través da plataforma Telea, ademais de controlados e monitorizados por profesionais sanitarios do seu centro de saúde.