Aumenta en 9,38% o número de persoas que pide que se lle prohiba o acceso a xogos e apostas online

Salón de xogo con máquinas comecartos. (Foto: Europa Press)
Segundo o Ministerio de Consumo, a porcetanxe é menor que no conxunto do Estado, onde ascendeu até 13,64%.

O número de persoas que solicitou que se lle prohiba o acceso a xogos e apostas online aumentou en 9,38% na Galiza en 2021 respecto ao ano anterior, segundo os datos da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (DXOX) do Ministerio de Consumo. No conxunto do Estado a cifra ascendeu até 13,64%.

Así, o rexistro de autoprohibidos sumou, en concreto 7.640 inscritos no último exercicio, co que a cifra global ascendeu a 63.646 fronte aos 56.006 que se contabilizaron en 2020.

Por territorios, Illas Baleares é a que representa un maior aumento de autoprohibidos, xa que pasou de 1.179 a 1.480 nun ano, o que supón un crecemento de 25,53%, e está seguida pola Rexión de Murcia, que marcou un incremento do 22,44% (pasando de 2.562 a 3.137 inscritos).

O País Valenciano ocupa o terceiro lugar cun aumento de 22,21% (de 3.677 a 4.494), mentres lle seguen Navarra, cun 20,33 (de 531 a 639), e Castela A Mancha, cun 19,99 (de 2.791 a 3.349).

Despois delas, sitúanse a Comunidade de Madrid, cun rexistro de autoprohibidos que se incrementou en16,77%, A Rioxa (15,56), Cantabria (14,89), País Vasco (14,80), Catalunya (14,29), Principado de Asturias (10,99), Canarias (10,77), Andalucía (10,09) e Aragón (10,08).

A inscrición nun rexistro de prohibidos é un dereito dos cidadáns que, a petición da persona interesada, impide o acceso a xogos online ou presenciais sobre os que a administración pública determinase a necesidade de realizar a identificación previa do xogador.

No caso de que a inscrición se faga no Rexistro Xeral de Interdicciones de Acceso ao Xogo (RGIAJ) da DGOJ, prohíbese o xogo online e lotarías, aínda que tamén se pode realizar nos rexistros de cada comunidade territorio, de maneira que se bloqueará o acceso presencial a aqueles xogos de azar e apostas onde a respectiva normativa determine a necesidade de comprobar a inexistencia de inscrición.

Por iso, o Ministerio de Consumo traballa na actualidade cos gobernos na firma de convenios para mellorar a coordinación entre os mencionados rexistros e así evitar que, por exemplo, unhas persoas rexistrada nos autoprohibidos dunha comunidade poida xogar noutra.