As aulas retomaranse esta sexta, día 8, "agás que as autoridades indiquen que é máis seguro" o día 11, di o conselleiro

(Foto: Europa Press)
Despois das vacacións de Nadal. 

As aulas na Galiza comezarán esta sexta feira día 8 "agás que as autoridades indiquen que é máis seguro" a vindiera segunda feira, día 11, segundo manifestou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

A preguntas dos xornalistas, o conselleiro apuntou ao regreso ás aulas "o día 8 con normalidade" a non ser que as autoridades sanitarias decidan atrasar esta data.

Neste sentido, apuntou á reunión de hoxe do comité clínico, que, en caso de adoptar algunha medida distinta á prevista para a volta aos centros educativos, "farase saber".

En calquera caso, ao seu xuízo, "o máis importante de todo isto é reafirmarse en que os centros educativos e as aulas son lugares seguros", xa que na súa opinión "confirmouse con datos empíricos que non son lugares de transmisión da pandemia.