Augas turbias no Ulla

36697073_2276962155663993_4955742508341526528_n

O BNG pide ao Seprona que investigue as causas da turbidez das augas do río ao seu paso por Calvos (Touro).

As augas do río Ulla baixan turbias á altura da parroquia de Calvos, no concello de Touro. Denúnciao o BNG deste municipio, que solicitou ao Servizo de Protección da Natureza que indague nos motivos de que “as augas baixasen toldadas” a comezos desta semana.

 

Os nacionalistas lembran que nas inmediacións de onde se deu esta turbidez existen presas hidroeléctricas, polo que consideran que é de importancia que na actuación deses servizos se investigue se hai algunha relación.

 

O proxecto de reactivar a mina de Touro e o seu impacto ambiental redobrou a sensibilidade ambiental entre a veciñanza da zona, máis atenta agora a calquera posíbel agresión ao medio.