Augas da Galiza examina o río Tambre por unha vertedura de xurro detectada en Trazo
31 de agosto de 2022 (14:10 h.)
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, asegurou na cuarta feira que, segundo os datos solicitados por Augas da Galiza, a vertedura de xurro producida na terza feira en Trazo, e da que se tivo coñecemento esta cuarta feira, non chegou o río Tambre, aínda que se manteñen as "medicións constantes" para asegurar a calidade da auga.