O audiovisual galego reaxe contra o desmantelamento do CGAI

Concentración perante o CGAI

Ducias de persoas concentráronse perante a sede do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) contra os despedimentos de persoal.

Ducias de persoas responderon á convocatoria feita por colectivos do sector audiovisual para se concentrar perante o CGAI e denunciar o “desmantelamento” do centro. As persoas participantes na mobilización argumentan que o despedimento de traballadores fai difícil que o Centro galego das artes da imaxe poida facer o seu traballo e atender as súas obrigas e responsabilidades en eidos como arquico, documentación ou difusión da historia audiovisual de Galiza.

O acto estaba convocado por colectivos como a Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI), a Asociación Galega de Guionistas ou a Asociación de Actores e Intérpretes e a de directores e realizadores. Os sindicatos apoiaban a mobilización. O CGAI é o único organismo galego adscrito á Federación Internacional de Arquivos Fílmicos e, logo de 25 anos de vida, converteuse nun centro de referencia non só no ámbito estatal senón tamén europeo.  A súa desaparición ou confinamento a un mero organismo decorativo constitúe unha grave amenaza para a memoria histórica de Galiza, como denuncia a CIG.

O sindicato mantén que a proposta de RPT formulada pola Xunta implica a desaparición de 3 postos de traballo e o despedimento do traballador que ocupa una das dúas prazas de proxeccionista. É, como denuncian os concentrados, o desmantelamento do CGAI (50% de despidos na área de proxección e 40% menos das plazas coas que contaba o centro).