A Audiencia de Nafarroa confirma a liberdade provisoria dos membros de "La Manada"

Integrantes de 'La Manada'

Así o decidiron os maxistrados da sección segunda da Audiencia de Nafarroa por dous votos contra un.

Os cinco integrantes de La Manada, condenados no seu día por abusos sexuais e non por agresión (violación), poderán continuar na rúa mentres o Tribunal Supremo non decidir sobre o seu recurso de casación.

 

A decisión da Audiencia de Nafarroa non foi unánime: o presidente da sección segunda do tribunal emitiu un voto particular a favor da prisión provisoria sen fianza para os encausados.