A Audiencia Nacional tamén sentencia que o PP valencián se financiou con diñeiro negro

Pablo Crespo na súa étapa de número 3 do PP galego

A resolución da ‘Gürtel valenciá’ condena Francisco Correa a 5 anos e tres meses de prisión, a Crespo a 5 anos e a Ricardo Costa a  anos.

A Audiencia española considera probado o financiamento ilegal do PP valencián durante a época de Francisco Campos na sentenza sobre a trama Gürtel valenciá. O titular do xulgado central da sala do Penal, Vázquez Honrubia, considera que existía una trama para financiar con diñeiro negro o PP, como mínimo desde 2004, por dúas vías diferentes.

 

Dunha banda, a través de empresarios que doaban diñeiro negro ao PP e, doutra, tamén se pagaban actos electorais do PP con facturas falsas. En ambos os dous casos, os empresarios tiñan contratos coa administración en Valencia.

 

A Audiencia condena a 4 anos de prisión ao exsecretario xeral do PP da Comunitat Valenciá, Ricardo Costa, e absolve o exvicepresidente, Vicente Rambla, polo financiamento irregular. O xuíz tamén condena os líderes da trama Gürtel, Francisco Correa ( 5 anos e 3 meses), e o galego Pablo Crespo (5 anos), así como a Álvaro Pérez ‘El Bigotes (6 anos e 9 meses). Estas penas acumúlanse ás impostas xa polas irregularidades en Fitur e pola primeira época da trama Gürtel -nesta última 'El Bigotes' resultou absolto-.