Audiencia Nacional pon en liberdade Fernández Gayoso, que colaborará coa Fundación Érguete

O ex-presidente de Novacaixagalicia cumpría dous anos de cárcere por apropiación indebida. Sae en liberdade após pasar seis meses na cadea, un terzo da condena.

A Audiencia Nacional decidiu poñer en liberdade o ex/president de Novacaixagalicia Julio Fernández Gayoso, que estaba a cumprir unha condena de dous anos de cárcere por un delito de apropiación indebida e administración desleal. Gayoso ten a obriga de colaborar de forma altruista cunha fundación de axuda a persoas en exclusión social, algo que realizará na Fundación Érguete.

 

O xuíz da AN aplica, de acodo co fiscal, o artigo 100.2 da Lei de Réxime Penitenciario relativo á aplicación do sistema máis flexíbel de execución de penas, coa exixencia de que o interno realice as citadas actividades de voluntariado. A súa idade, 85 anos, e o seu “delicado estado de saúde” influíron tamén na decisión da AN para excarceralo.