A Audiencia Nacional paraliza a expulsión de Hassanna Aalia

Hassanna Aalia

Ordena o arquivo do expediente aberto após a súa detención nun comboio en Burgos o 6 de outubro.

 

Hassanna Aalia non será expulso, cando menos polo momento. Así o ordenou a Audiencia Nacional española após o recurso interposto polo activista sahariano através de CEAR-Euskadi. 

O tribunal sinala que o expediente aberto a Aalia logo de ser detido pola policía española cando viaxaba en tren desde Galiza en dirección a Euskadi, ha de ser arquivado pois fica pendente de resolución un outro recurso á súa petición de asilo político que foi denegada inicialmente polo Goberno español

Hassanna Aalia foi condenado por un tribunal militar marroquino a cadea perpetua no marco do proceso aberto contra o campamento Gdeim Izik. O activista solicitou que lle fose recoñecido o estatuto de refuxiado perante o risco que corre a súa vida de regresar ao Sáhara.