Audiencia Nacional fusiona as causas contra militantes de Causa Galiza e Ceivar nun único proceso

Estase a preparar un “macro-processo” político-judicial contra o independentismo galego”, advfirten persoas encausadas.

A Audiencia Nacional fusiona nun único proceso penal as causas abertas no marco da Operación Jaro, na que hai encausadas 9 persoas militantes de Gausa Galiza, e Operación Jaro II, que afecta 3 militantes de Ceivar. Créase así un único procedemento para as dúas causas, un “macro-proceso” político e xudicial contra o independentismo, en palabras dos encausados, que afecta 12 persoas e dúas organizacións. As acusacións que se verquen contra as encausadas van desde integración en banda arnada até facer parte dun entramado de enaltecemento do terrorismo.

 

Este paso dado pola Audiencia Nacional, e que as persoas encausadas veñen de coñecer esta semana após meses sen novas dos seus procesos, ten unha serie de consecuencias. En primeiro lugar, mistúranse dúas causas penais distintas que teñen como única relación que as persoas encausadas nas mesmas son independentistas. En segundo, que se van prolongar as “investigacións”, o que implica alargar o “limbo”penal e vital no que se atopan estas persoas.

 

Desde as encausadas denúnciase que se manteña o segredo se sumario, que os sitúa en “absoluta indefensión”. Anuncian que a súa defensa vai pedir a nulidade das investigacións e segregar as dúas causas. Ademais, anuncian que van reactivar a campaña de denuncia destas causas e de solidariedade para coas imputadas.