Audiencia Nacional condena o rapeiro Pablo Hasel a 2 anos de cárcere e unha multa de 24.300 euros

Hasel

A Audiencia Nacional española condena a dous anos e un día de prisión ao rapeiro Pablo Hasel por enaltecer nas redes sociais ETA e os Grapo, así como por inxurias á Coroa española e ás forzas de seguridade do Estado.

 

Hasel tamén foi condenado a pagar una multa de 24.300 euros. Ao ter condenas anteriores (de dous anos de prisión en 2014) podería ingresar no cárcere de ser confirmada esta última setenza polo Tribunal Supremo.

 

A resolución xudicial contou cun voto particular, o da maxistrada Manuela Fernández de Prado que defende que os comentarios do rapeiro deben enmarcarse dentro da liberdade de expresión e non supoñenn un discurso do odio.

 

Hasel segue así o camiño de Valtonyc, rapeiro mallorquín cuxa condena de tres anos e seis meses de prisión foi ratificada polo Tribunal Supremo. Hasel está á espera desta última instancia, que será finalmente quen ditamine se entra ou non no cárece.