Audiencia Nacional condena o Estado a indemnizar a familia de Couso

couso cedida

Por non defender os seus intereses contra fronte aos Estados Unidos. Deberá pagar 100.000 á muller e 41.000 a cada un dos fillos do cámara Telecinco asasinado por disparos do exército de EUA en Iraq.

A Sección Cuarta da Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional condenou o Estado a indemnizar a familia da cámara galego de Telecinco José Couso asasinado hai 16 anos en Bagdad cando as tropas estadounidenses abriron fogo no Hotel Palestina, onde estaban aloxados xornalistas por indicación do Pentágono, o 8 de abril de 2003. Considera que o Estado español omitiu o seu deber de proporcionar protección diplomática, é dicir, de defender os seus intereses fronte aos Estados Unidos.

A sentenza, da que foi ponente o maxistrado Ignacio De la Cueva, establece que o Estado debe indemnizar á viúva de Couso con 100.000 euros e con 41.000 euros para cada un dos seus fillos, menores de idade cando ocorreron os feitos, por non ter emprendido "accións ante outro Estado que incorreu nun ilícito internacional" coa fin de obter unha reparación do dano causado por esa conduta.

"Non consta a realización de ningunha xestión, non só para o recoñecemento da ilegalidade do atentado, senón para a reparación das súas consecuencias patrimoniais dun xeito razoable. E isto embora as moitas solicitudes formuladas ao respecto por varios grupos parlamentarios" , di a sentenza.

A resolución explica que se daban os requisitos para que "o Estado desenvolva a súa actividade diplomática a favor dos prexudicados" e, sen embargo, "limitouse a recibir e aceptar as explicacións ofrecidas pola Administración estadounidense no sentido de que o ataque contra o Hotel Palestina estaba xustificado e a morte de Couso foi un desafortunado accidente. "

Quince anos de espera

Deste xeito, a Cámara estima o recurso presentado pola familia de Couso hai 15 anos, cando recibiu o silenzo por resposta após reclamar a responsabilidade patrimonial ao Estado español por non "pelexar" no seu nome con Estados Unidos para buscar xustiza e reparación. Reclamou naquel momento 317.130,37 euros e a Avogacía do Estado opúxose.