A Audiencia Provincial imputa os 2 altos cargos da Xunta por homicidio no caso dos retrasos na Hepatite C.

Considera que houbo un retraso na dispensa dos fármacos para aforrar.

A Audiencia Provincial da Coruña estimou parcialmente o recurso presentado pola Fiscalía, e á que se adheriu a plataforma de afectados pola Hepatite C, e decidiu que os cargos do Sergas investigados no procedemento aberto polos tratamentos ás persoas afectadas polo virus sexan chamados a declarar como investigados (antes imputados) por un suposto delito de homicidio en 6 dos 8 casos que enmarca esta causa.

Así, revócase de forma parcial o auto ditado polo Xulgado de Instrución nº3 de Compostela e acorda que a estes dous cargos se lles tome declaración como imputados polo falecemento deses doentes.  Os cargos implicados no proceso son o xerente da área sanitaria viguesa, que entón era director de Asistencia Sanitaria, e a sub-directora de Farmacia, Carolina González-Criado.

O xulgado xa investigaba Rubial e González-Criado por prevaricación, se ben a Fiscalía atribuíalles tamén un suposto delito de “homicidio por imprudencias profesional grave” ao retrasar a administración dos fármacos por motivos orzamentarios.