Atracción por Bama, por Xoán Costa

Balsa en Bama. Fonte: Aldea Viva

Na China existe un distrito chamado Bama situado na provincia de Gangxi. É coñecido que nos vales do río Panyang se concentra un grande número de persoas centenarias e que mesmo aquelas persoas que superan os cen anos gozan de boa saúde. A idade promedio na China é de 75 anos mentres que a destes vales é moi superior. Unha das razóns que se dan para xustificar este fenómeno é a extraordinaria calidade da auga destes ríos, limpas e sen contaminación até que o turismo xerontolóxico comezou a lixar todo.

Na Galiza, a medio mundo de distancia da China, hai unha parroquia que se chama Bama. Localízase no oeste do concello de Touro na comarca da Arzúa. É coñecida pola súa produción láctea e como a Bama da China dispuña de fontes limpas e augas de cristal até que chegou a empresa Río Tinto e montou unha balsa de decantación que verte lodos directamente aos mananciais.

Yanggu Xiangguang Copper é unha empresa chinesa con sede non lonxe de Bama (da China) que posúe case o 22% de Atalaya Mining, a empresa que pretende reabrir as minas de cobre de Touro tendo en Bama unha das principais áreas de explotación.

E ten intereses mineiros en Bama, a capital do estado de Borno, en Nixeria. Isto si que sentir atracción por Bama.