Atopan os corpos dun matrimonio con signos de violencia en Sigüeiro

Rúa Castiñeiros, en Sigüeiro (Fonte: Google Maps)
Son un home de 88 anos e unha muller de 80.

A Garda Civil investiga a aparición nunha vivenda de Sigüeiro, no Concello de Oroso, comarca de Ordes, dos corpos sen vida dun matrimonio que presentaban signos de violencia. Tal e como confirman fontes consultadas por Europa Press, son un home de 88 anos e unha muller de 80. Un familiar atopounos na mañá desta sexta feira xa falecidos cando chegou á vivenda, situada na rúa Castiñeiros.

Por agora "investígase" o ocorrido como un crime, xa que ambos os dous cadáveres tiñan "signos de violencia". No lugar atópase o Servizo de Criminalística da Garda Civil, así como a xuíza. Polo momento, desbótase que haxa terceiras persoas implicadas no crime.

Algúns veciños aseguran que viron o home vagando pola vila ensanguentado a primeira hora da mañá 

Urxencias Sanitarias de Galiza-061 tivo coñecemento dos feitos sobre as 11:15 horas da mañá e, á súa vez, este servizo deu a alerta á central do 112 para solicitar a intervención das forzas da orde. O 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico cun equipo de Atención Primaria ao lugar, maisos profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento das dúas persoas.

Por agora "investígase" o ocorrido como un crime, xa que ambos os cadáveres tiñan "signos de violencia", segundo ratifican a Europa Press fontes da Garda Civil.

A principal hipótese coa que traballan os axentes é que un dos cónxuxes puidese matar o outro e logo quitouse a vida, xa que non hai ningún indicio de que nos feitos participasen terceiras persoas.

Pasado o mediodía, presentáronse no lugar efectivos do Servizo de Criminalística, así como a xuíza e o forense.