Atopan un cadáver dentro dun coche na zona do incendio de Toques

Restos dun incendio Foto: Irene Pin

O corpo estaba calcinado. A Garda Civil investiga o suceso.

Operarios dos equipos de extinción de incendios atoparon en Capela (Toques) o cadáver calcinado dunha persoa dentro dun vehículo. A Garda Civil investiga o suceso e intenta determinar a identidade da persoa falecida. “Investígase quen era. Estaba dentro dun vehículo, polo que sabemos matriculado en Sobrado”, di o alcalde de Toques a Galicia por Diante (Radio Galega).

 

Medio Rural apunta a Europa Press que "o incendio e a explosión do coche producíronse no mesmo momento". O incendio queimou 27 hectáreas de superficie arborada e oito de rasa.