Atopan un vello obús na zona vella de Compostela

Imaxe da bomba atopada no edificio da zona vella compostelá (Foto: Nós Diario)
En Casas Reais.

A limpeza do soto dun edificio da rúa Casas Reais, na zona vella de Compostela, reservou na tarde desta segunda feira unha sorpresa. Un veciño descubriu un obxecto nesa parte da súa vivenda que lle causou curiosidade. Era unha bomba da aviación datada no período da Guerra Civil que se atopaba intacta, segundo fontes indicaron a Nós Diario. Porén, outras indican que podría ser do século XIX.

Notificado o achado ás autoridades, desprazouse até o lugar un equipo dos Técnicos Especialistas en Desactivación de Explosivos (Tedax) que acordonaron toda a zona.

O artefacto, segundo fontes, estaba activado polo que se procedeu ao seu traslado fóra da zona.