Até 5 quilómetros de retencións na saída da Galiza a Portugal

Imaxe de arquivo dunha retención.
O festivo coincide coa feira de Valença.

As miles de saídas programadas para esta cuarta feira, festivo polo día da constitución, xeraron varios quilómetros de retencións na saída da Galiza cara a Portugal pola A-55.

Segundo confirman a Europa Press fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), o peor momento foi pasadas as 12:30 horas, cando se chegaron a producirse colas de até cinco quilómetros.

E é que este 6 de decembro, festivo na Galiza e Estado español, tamén se celebra a feira de Valença do Minho, que xa habitualmente provoca o desembarco de miles de galegos na vila lusa.

A isto súmanse todos aqueles que opten por pasar a ponte de decembro en diferentes localidades do país veciño.

Pasadas as 14 horas, a situación normalizouse e practicamente só queda un quilómetro de atasco a partir do quilómetro 30 da A-55 e os coches están a entrar e saíndo en Tui "con normalidade".

No resto da rede viaria galega, tal e como destaca a DXT, a situación é practicamente a habitual dun día festivo.