Crise dos pellets

Asturias decreta o nivel 2 de alerta polos pellets mentres a Xunta o mantén no máis baixo

Unha voluntaria recollendo pellets de plástico nunha praia da Coruña. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
Segundo informou o Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias (Saiba) en nota de prensa, a situación 2 permite incorporar ao dispositivo de limpeza e retirada, medios distintos aos municipais, incluíndo recursos estatais e a súa coordinación a través do Centro de Coordinación Operativa Integrada, onde están representadas as distintas administracións implicadas.

O conselleiro de Fomento, Cooperación Local e Prevención de Incendios de Asturias, Alejandro Calvo decretou esta terza feira, o paso a situación 2 do Plan Territorial de Continxencia por Contaminación Mariña Accidental no Principado de Asturias (Placampa) ante a "aparición xeneralizada" de microplásticos nos areais de toda a costa do territorio.

Esta situación contrasta co caso galego, onde a Xunta mantén o plan anticontaminación Camgal no nivel 1, correspondente a episodio de “pequena gravidade”. O Estado sinala que o Goberno galego debe elevar este grao para poder colaborar con medios.

Segundo informou o Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias (Saiba) en nota de prensa, a situación 2 permite incorporar ao dispositivo de limpeza e retirada, medios distintos aos municipais, incluíndo recursos estatais e a súa coordinación a través do Centro de Coordinación Operativa Integrada, onde están representadas as distintas administracións implicadas.

Primeira información

A primeira información sobre a aparición destes microplásticos na costa asturiana foi o pasado 5 de xaneiro. Ese mesmo día, o Executivo asturiano asegurou que estaba a facer un seguimento da chegada destes pellets, procedentes dun barco que perdeu parte da carga fronte a Viana do Castelo (Portugal). O Principado activou o seu plan de contaminación mariña na segunda feira, tras confirmar a chegada destes produtos a varias praias do litoral occidental asturiano.