Roteiro o 28 de setembro

A asociación Pomba de Arco visita o patrimonio de Vilaronte en Foz

Igrexa de Vilaronte (Foz). Foto: Agremon (Galipedia).
A parroquia focega de Vilaronte conta cun rico e diverso patrimonio. Antigas minas romanas, as fábricas de Damián López, as vellas caleiras, a arquitectura indiana, o castro ou a igrexa son algunhas mostras. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza un roteiro polo lugar o vindeiro 28 de setembro, sábado.

“O obxectivo é divulgar os elementos de relevo do seu patrimonio e da súa historia”, sinala A Pomba do Arco. A viaxe comezará ás catro da tarde no Campo da Feira da Espiñeira cun paseo polos lugares antes mencionados. Ás sete da tarde, no local da asociación O Castro, proxectarase Riquezas Lucenses, gravada en Vilaronte en 1946 con imaxes dos aserradoiros de Damián López.

Para participar da excursión cómpre iinscribirse previamente no enderezo electrónico apombadoarco@gmail ou nos teléfonos 608555010 ou 636587098. O número de prazas é limitado.